LABORATORIO DAS LETRAS + OLLO DA ARTE
Tempada: 2014
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Cursos de creación
Tipo: O ollo da Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA 35,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 55,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: LUN de 19:00 a 21:00
- Lugar: Aula 2.1
INFORMACIÓN
Neste 2014, o Laboratorio das letras estará integrado dentro da programación de O ollo da Arte (laboratorio), aínda que seguirá mantendo os seus propios obxectivos e temáticas, achegando aos participantes ao entramado literario dende unha visión actual e contemporánea a través da teoría e a práctica.

Nesta fusión de literatura e arte contemporánea teremos a oportunidade de observar a hermenéutica e a arquitectura do texto dende unha visión máis experimental, actual e contemporánea, pois no proceso aportaranse chaves que axuden a escoitar e mirar dende o aquí e o agora da cotidianidade, do inmediato, do pequeno, sen deixar de facer fincapé na construción textual.

Nesta ocasión, a posible escoita entre os participantes dos dous obradoiros, a colaboración, a hibridación e as relacións imaxe-texto parécennos fundamentais e un verdadeiro privilexio á hora de plantexar os obxectivos e os temas a tratar.

OBXECTIVOS:

- Coa mestura da teoría e da práctica, aportar chaves que axuden á elaboración e creación de textos partindo da mirada única de cada participante.

- Poñer en relación o literario co interdisciplinar: cinema, música, artes plásticas.

- Atopar os silencios no lenzo.

- Mergullar nas propias creacións ao redor da imaxinación, a escoita, o concreto, os diálogos, o eu e os personaxes, o tempo, o espazo, o silencio.

- Debatir, ler, compartir buscando o verso e o reverso.

TEMAS:

- O por que e para que.

- Descubrir/redescubrir as palabras e atrapar as ideas.

- A escoita.

- Camiñar entre o abstracto e o concreto.

- De John Cage ao lenzo en branco.

- O tempo da acción.

- Tallar un texto: como Miguel Anxo dentro do bloque… atopar a escultura.

- Do literario ao interdisplinar: materializándonos a través das palabras pero tamén a través das imaxes, a pintura, a fotografía, a música, o cine…

- Comentario e lecturas de textos de diferentes autores e autoras referentes da literatura contemporánea galega e internacional.

OBSERVACIÓNS:

- Cada alumn@ terá dereito a unha titoría personalizada.

- Ao finalizar o obradoiro haberá a posibilidade de realizar unha mostra.

Imparte este laboratorio Antía Otero. É licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, Reina Sofía e Universidad de Alcalá e Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidad de Valladolid.

Como escritora foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario De porta un horizonte, publicou os poemarios individuais O Son da Xordeira (2003) en Espiral Maior e Retrovisor (2010) en Edicións Xerais e participou en multitude de publicacións colectivas.
Leva varios anos adicada a impartir o obradoiro de nova creación artística entre os que destacan O ollo da arte, en NORMAL e o obradoiro de poesía Rebelar para revelarse en diferentes centros do país. Igualmente, leva percorrido centros de ensino e bibliotecas cos seus recitais, sesións de lecturas e escrita así como formado parte de multitude de xuris en certames de poesía e narrativa. Na actualidade é vicepresidenta da AELG.

Con Isaac Garabatos crea o traballo de perfopoesía RetroVisor, actualmente en activo, e con Antonio Rodríguez forma parte do colectivo artístico Derodríguez.

FOTOS