MÚSICA CHINTOFÓNICA/MÚSICA EXPERIMENTAL
Tempada: 2020
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Música
Tipo: Experimentación musical

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
ÜNICO 29/01/2020 08/04/2020
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 70,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
UNICO:  
- Horarios: MIE de 17:00 a 20:00
- Lugar: AULA DE DANZA
INFORMACIÓN
Que é a música? Todo o que sona é música? En que se diferencias os fenómenos musicais dos exclusivamente sonoros? Canto hai de percepción e canto de imaxinación? En que se parece a novena sinfonía de Beethoven aos cánticos dos chamáns siberianos? É tan musical un camión pasando fronte a un colexio coma un camión pasando fronte a un conservatorio?

A estas e outras cuestións tentaremos enfrontarnos e adicaremos o tempo deste obradoiro destinado a coñecer e practicar a música dende a experimentación, independentemente do instrumento e o estilo de cada asistente. Un obradoiro destinado a músicos e persoas interesadas na experimentación e na improvisación como forma de expresión sonora. A partir dunha serie de contidos teórico-metodolóxicos e exercicios prácticos, repasaremos a historia da música baixo o prisma experimental. Dende as vangardas do século XX ata a electrónica contemporánea, pasando polas expresións chamadas “étnicas” ou as moitas e moi diversas formas híbridas ao longo da historia.

O obradoiro estará impartido por Miguel Alonso Cambron, antropólogo, músico e investigador da Sociedade Antropolóxica Galega e membro de numerosos proxectos musicais neste e noutros eidos. Combinaranse sesións teóricas e de debate con outras propiamente prácticas cara a elaboración dun proxecto escénico final, sempre en función dos intereses dos asistentes. Traballaranse cuestións relacionadas coas texturas sonoras, as mecánicas e dinámicas de produción de sons, a improvisación libre e dirixida, as nocións de armonía e distorsión, así coma outras ligadas a aspectos escenográficos e de fabricación de instrumentos propios.


Obxectivos

- Introducir aos asistentes á música experimental e a improvisación baseada nas
particularidades deste estilo.
- Traballar con elementos e linguaxes paramusicais que tanto poderán estar
baseados na reinterpretación artística da realidade como en procesos de síntese.
- Comprender e practicar as dinámicas da música experimental.
- Comprender e practicar as dinámicas da música improvisada.
- Participar nunha construción musical colectiva e colaborativa.

O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 03/12/2019).

FOTOS