DO DESCAMPADO Á BURBULLA DO ALUGUEIRO: OUTRAS ARQUITECTURAS E URBANISMOS NA CIDADE CONTEMPORÁNEA
Tempada: 2020
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Máis actividades
Tipo: Urbanismo

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
CUADRIMESTRE 1 18/09/2019 18/12/2019
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 70,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 19:00 a 21:00
- Lugar: Aula 2.3
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo
INSCRICIÓN CUADRIMESTRE 1 Os Usuarios: 'ÚNICO,FAMILIARES,Tarifa reducida para membros do Coro Universitario,ALUMNOS,PYC,PDI,PAS,NO UNIVERSITARIOS,Persoas desempregadas ou con minusvalía,PÚBLICO XERAL' Dende O '03/09/2019' Ata O '30/09/2019'
INFORMACIÓN
Do descampado á burbulla do alugueiro: outras arquitecturas e urbanismos na cidade contemporánea é un curso de introdución ás cousas e procesos urbanos que, tendo un impacto directo para a vida nas cidades actuais, enfróntanse a un debate público inexistente ou limitado, moitas das veces por mor dunha falta de recoñecemento académico, institucional ou mediático.

A partir dunha perspectiva crítica-pero-optimista, baseada na premisa de que «a cidade contemporánea non é máis fea cada día: é cada día máis rica» (Manuel de Solà-Morales, 2006), estudaranse diferentes pezas e acontecementos urbanos que suxiren novos entendementos para conceptos de uso xa popular como patrimonio, equipamento público ou paisaxe, ou que introducen novos termos que posibilitan lecturas cidadás máis complexas da realidade actual (desde comúns urbanos, xentrificación ou dereito á cidade, ata terrain vague, terceira paisaxe ou cidade xenérica).

No primeiro módulo do curso, Urbanismos e culturas: como nos relacionamos co popular, o imprevisible e o xenérico? (seis sesións de dúas horas), traballarase sobre a relación cultura-cidade a partir de seis casos que materializan conflitos e valores urbanos desde diferentes escalas e condicións: grafiti e palé sobre o popular e a ameaza da súa captura, descampado e “feísmo” sobre o imprevisible e a ameaza do control total sobre territorios e persoas, e Benidorm e McDonald’s sobre o xenérico e a ameaza do prexuízo e da indiferenza.

No segundo módulo, A Coruña non recoñecida: informalidade, diversidade e procesos de transformación (seis sesións de dúas horas), traballarase sobre os lugares da cidade onde se desenvolven usos informais, sobre as pezas e ámbitos que fomentan a súa diversidade urbana e sobre os procesos urbanísticos, comerciais ou inmobiliarios que están a cambiar os barrios da Coruña na actualidade. Desde os asentamentos informais ou a polifuncionalidade dos espazos baixo as grandes infraestruturas, ata as lagoas artificiais-naturais onde aparecen novos ecosistemas non planificados; desde a diversidade de barrios e outros ámbitos de identidade e recoñecemento colectivo, ata as tipoloxías arquitectónicas singulares ou a vida urbana nocturna; desde os procesos de formación de novas centralidades urbanas, ata os que poñen en crise o dereito á vivenda, a deriva tecno-optimista da lóxica “smart city” ou os grandes proxectos urbanos de debate na actualidade da Coruña.

O terceiro módulo, Roteiros debatidos polos centros e periferias da Coruña (dous sesións de tres horas), consistirá en dous paseos pola cidade, un polos barrios centrais e outro polos territorios da primeira periferia da Coruña. Os roteiros serán deseñados colectivamente e estarán estruturados para que en cada unha das paradas se poida xerar un pequeno debate entre as persoas asistentes sobre os temas e lugares tratados previamente no curso.

Máis información sobre o curso na web: http://www.ergosfera.org/archivo/normal.html

FOTOS