RESTAURACIÓN DE MOBLES
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Habilidades persoais

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
ÚNICO 08/03/2019 24/05/2019
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 90,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 70,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 150,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 75,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: VIE de 17:30 a 20:30
- Lugar: TALLER DE MÓNICA ARROJO
INFORMACIÓN
Curso dirixido a toda persoa que, cun mínimo de paciencia e sensibilidade, estea interesada na restauración respectuosa de obxectos para estes recuperaren a súa beleza orixinal.

Técnicas e materiais: estudaremos e practicaremos todas as técnicas básicas da Arteda Restauración, e incidiremos nos produtos, nas técnicas e nas ferramentas que están prohibidas, xa que un exceso de actuación sobre a peza fará que perda autenticidade e orixinalidade.

Avanzaremos até procesos máis delicados, como o vernizado con boneca de goma laca ou ol dourado con pan de ouro de 24 kt.

Dedicaremos varias horas ao recoñecemento das distintas clases de madeiras, así como a repasarmos os distintos estilos artísticos, a modo de breve historia do moble.

Encárgase do curso o Taller de Restauración Mónica Arrojo no seu local da rúa Pintor Joaquín Vaamonde, 4 baixo. Mónica estudou Xeografía e Historia e, posteriormente, formouse na "Escuela de Arte y Antigüedades de Casto Castellanos", en Madrid

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

FOTOS