IMPRO 2 LABORATORIO DE IMPROVISACIÓN ESCÉNICA E NARRATIVA
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Teatro
Tipo: Curso técnico

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MAR de 19:00 a 21:00
- Lugar: Aula 2.4
INFORMACIÓN
Este obradoiro supón a continuación do primeiro módulo de Impro. Con él queremos achegar aos alumnos e alumnas á dinámicas máis complexas de Impro, escénica e deportiva, e afondar na creación colectiva de shows e escaletas aproveitando os puntos fortes e habilidades do equipo.
A improvisación teatral é unha técnica escénica e narrativa que permite contar historias que se xeran e desenvolven no mesmo intre de actualas. Diante do público e coa súa participación directa a través de propostas sobre situacións, personaxes, títulos e lugares onde situar a acción, vaise desvelando a trama da historia que se constrúe e cobra vida en escena, potenciando a imaxinación e a creatividade e estimulando ó espectador.
Non hai un guión preparado nin escrito, todo se fai en directo diante dos ollos do público de xeito que cada actuación é orixinal e irrepetible… O noso obxectivo último é divertir e sorprender facendo un humor fresco e de calidade.

As sesións de traballo serán esencialmente prácticas. Mediante xogos e exercicios prácticos e narrativos, físicos e mentais, os participantes experimentarán de forma activa os conceptos e técnica da Impro. As clases terán un ambiente lúdico e relaxado, que facilite a toma de conciencia do traballo realizado e que axude os participantes a superar carencias e bloqueos adquirindo ferramentas técnicas que fomenten a súa creatividade e imaxinación e inventando respostas creativas e axeitadas para cada situación e necesidade.

Contidos:

Perfeccionar as técnicas básicas da Impro e avanzar na creación de historias improvisadas ó calor do momento. Seguiremos desenvolvendo nos participantes habilidades que potencien o crecemento individual e grupal e conceptos da Impro facilmente adaptables a outros aspectos da nosa vida ou do noso traballo.

A escoita activa: o uso da atención e da concentración. A escoita consciente non só co noso oído. Facernos conscientes das nosas propias capacidades expresivas e das dos nosos compañeiros. O estar presentes.

A espontaneidade: adestrar a nosa capacidade de adaptación e reacción fronte os imprevistos de xeito eficiente e creativo, traballando a confianza en nos mesmos e nos compañeiros.

A aceptación: traballamos en equipo na procura dun mesmo obxectivo común construído entre todos, practicamos dar e recibir propostas e tomar decisións construtivas.

Imaxinación e Creatividade: traballadas a partir de dinámicas concretas que axuden a desbloquear e atopar novos enfoque para o noso presente.
A nosa Expresión : adestrar a nosas capacidades para mellorar a nosa expresión corporal, o noso linguaxe non verbal e a nosa voz.
Traballaremos a creación colectiva dun show de exhibición de Impro, profundizando na elaboración de escaletas e selección de dinámicas.



Obradoiro de 30 horas.

O dúo cómico e de improvisación Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) nace no ano 2012 como proxecto de dúas actrices cómicas ás que lles gusta traballar xuntas, e que aman a impro. A raíz de alzarse co 1º premio no I Campionato Galego de Impro 2013, organizado en Santiago de Compostela, deciden continuar con esa faceta, na desaparecida compañía Los Duguis Impro (con espectáculos como Spin Off, Improcadabra, Versión Beta, Impro Top Manta, Cadena Impropetua, Libre Configuración) e como dúo independente (con Improscenia, Impro infantil e Impro tematizada para adultos e empresas)

MARITA MARTINEZ: Ás súas costas conta cunha ampla experiencia en teatro amador e universitario (Teatro da Bufarda e LaTuerka Teatro), así coma 8 montaxes de teatro profesional con Espello Cóncavo e Teatro Galileo e diversas participacións no audiovisual galego (Mareas Vivas, Os Atlánticos, Cuarto sen ascensor, Malo Será, Os Mariachi...) Comezou na Impro na Factoría Galaica de Improvisación, formándose na técnica con IMPROMADRID e Planeta Impro en Barcelona.

LUCÍA VEIGA: Actriz de teatro amador e universitario en diversos montaxes (Balteira Teatro e LaTuerka Teatro) é tamén monologuista e artista escénica tradicional, procedente do GMBT Xacarandaina. Formouse en interpretación na Tuerka Films e en técnica de Impro con Los Duguis Impro. Na actualidade forma parte dos elencos de Axóuxere teatro e Dinamo Produccións e LaTuerka. Recentemente contactou co audiovisual en programas e series como Malo Sera, Luar, Os Mariachi, Serramoura, e Vivir sin Permiso

FOTOS