A MÚSICA NO ÁMBITO INTERDISCIPLINAR
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Música
Tipo: Historia da música

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
INFORMACIÓN
Éste é un obradoiro de carácter teórico-práctico para descubrir as relacións da Música con outras artes e disciplinas, coma o teatro, vídeo, artes plásticas, arquitectura, etc. Esta actividade é interxeneracional, e está dirixida a calquera persoa interesada en desfrutar e aprender coa música dunha forma nova e compartida. Farase un percorrido pola Historia da Música ata os nosos tempos e crearase un espazo de debate e diálogo sobre as fórmulas de concerto e a súa evolución. Tamén haberá espazo para a práctica de algunhas técnicas colectivas de creación musical a partir da improvisación en relación a signos e imaxes.

Obradoiro de 30 horas.

Obxetivos:
- Coñecer as diferentes relacións da música con outras artes a través da historia da música, afondado na música contemporánea.
- Diferenciar as correntes artísticas principais e autores de referencia no uso da música de forma interdisciplinar.
- Analizar técnica e estéticamente obras interdisciplinares.
- Experimentar técnicas de improvisación colectiva a partir de signos e imaxes, como o “soundpainting”
- Colaborar con músicos aficionados ou profesionais a través da improvisación
- Establecer relacións estéticas entre obras de diferentes disciplinas.
- Criar novas entidades artísticas combinando obras de campos diversos como método experimental.

Contidos:
- Audicións e visionados guiados e comentados para apreciar e diferenciar os conceptos relativos á música e interdisciplinariedade
- Recorrido sobre a Historia da Música, e Introdución á música contemporánea e certas obras de referencia
- Hábitos culturais e evolución da fórmula de concerto na nosa sociedade
- Teoría e conceptos sobre a arte e a música vinculados á interdisciplinariedade.
- Procesos creativos desde a interdisciplinariedade
- Exercicios e xogos de experimentación musical colectiva



FOTOS