VIDEOCREACIÓN II
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 17:00 a 19:30
- Lugar: Aula 2.7
INFORMACIÓN
Este obradoiro está pensado como un achegamento ó mundo do videoarte e as instalacións. Un taller de experimentación no que non son precisos coñecementos previos aínda que sí moitas ganas de atreverse. Unha viaxe a través de propostas de traballo prácticas que nos porán en relación con referentes e conceptos teóricos, permitindo así ós participantes explorar o medio audiovisual e, ó mesmo tempo, indagar nas súas inquedanzas creativas, construíndo o seu propio xeito de mirar e contar.

Obradoiro de 30 horas.

Obxetivos:

Achegarnos ó mundo da arte contemporánea a través do audiovisual.
Coñecer a videoinstalación, o mapping e outras liñas semellantes de traballo.
Entender o audiovisual fóra do plano da pantalla.
Entender a produción audiovisual como obxeto museístico.
Coñecer e valorar diferentes artistas e posibilidades dentro da videocreación.
Entender o proceso creativo e coñecer as diferentes fases.
Aventurarse dentro do proceso creativo e establecer o vídeo como método de expresión.
Entender o audiovisual como material de soporte, non únicamente como medio en sí mesmo.
Experimentar e disfrutar.
Atrevernos a traballar con materiais asequibles e que estean ó noso alcance.
Xerar breves procesos creativos a través de dinámicas nas que se entrecrucen a investigación e a experimentación, comprendelos dunha forma conxunta e enriquecedora.

FOTOS