INSTALACIÓN ARTÍSTICA
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: VIE de 16:30 a 19:30
- Lugar: Aula 2.2
INFORMACIÓN
Este obradoiro está plantexado dende un punto de vista lúdico, pra desenrolar a creatividade e traballar en equipo realizando pezas artísticas con materiais ordinarios. Pequenos retos que nos farán ver máis alá deste obxectos.

Obradoiro de 21 horas.
Impartido por Héctor Francesch.
www.hectorfrancesch.com

Obxetivos:
Resolver creativa e estéticamente unha instalación artística nun espazo.

Desenrolaránse 3 instalacións artísticas consecutivamente e con materiais e formatos diversos (cada unha durante dúas semanas).
1.-"O almacén imposible"; empregando caixas de cartón de diferentes tamaños, os/as alumnos/as terán que facer unha construcción de volumes que poderá semellar un almacén, pero que chamará a atención cando sexan as caixas pequenas as que soportan ás máis grandes e incluso poden flotar ó lado delas. As caixas poríanse no espacio sen agradir de ningunha maneira o mesmo, xa que van baleiras e somentes apoiadas no chan, É unha peza de volumen.
2.- "O gran collage";Empregando cartulinas e facendo recortes interviremos unha parede ou espazo de maneira que poidamos expandirnos polo chan ou teito facendo unha gran collage colorista.É unha peza de parede ou plana.
3.- "O stencil efémero";o stencil é algo moi actual que podemos ver nas rúas de tódalas vilas e cidades, pro nesta ocasión levaremos a cabo un gran stencil con un compoñente efémero e non agresivo co espazo. Prepáranse plantillas de gran formato con cartóns facendo un deseño común, plantexando o mesmo no chan e, en vez de usar pintura en aerosol empregaremos escaiola ou similar, sempre en pó, deixando así un debuxo que despois poderá barrerse ou aspirarse de xeito doado. É unha peza de chan.

O obradoiro desenrolarase na aula, mais cada vez que se resolva unha instalación ésta quedará exposta no segundo andar (espazo de usos múltiples) durante dúas semans ata que se instale a seguinte e así sucesivamente.

FOTOS