ARTE EN ACCIÓN
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus Ferrol

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
ACORDO MARCO SOCIEDADE FILARMÓNICA SOCIOS FILARMÓNICA FERROLANA 55,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
INFORMACIÓN
O obxectivo deste curso é que as persoas participantes poidan ampliar as súas miras de cara á percepción das manifestacións artísticas dende unha aproximación práctica e teórica, mellorar a capacidade de relación coa contorna e o seu propio corpo, comprendendo a arte dos últimos séculos, tanto conceptual, como nacional e internacional, dando visibilidade e dinamizando a historia do campus de Esteiro.

As persoas asistentes adquirián un coñecemento básico das prácticas de arte en acción e terán acceso a posibilidade de xerar a súa propia proposta artística de intervención real en diálogo co campus de Esteiro.

Contidos:
1. Introdución ao tema de aclimatización grupal.
2. Corpo do obradoiro: afondarase no coñecemento do traballo de certos artistas e a súa forma de facer para abordar diferentes sinerxías prácticas concordantes con estes traballos.
3. Evento final: resultado do traballo dos participantes de xeito coral.

O curso será impartido por Rita Rodríguez e terá unha duración de 30 horas lectivas.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 16/10/2017).

FOTOS