PEQUENA PERO MATONA. OBRADOIRO DE CAMPO DE PRODUCIÓN E REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXE DE FICCIÓN: DENDE A IDEA ATA A DISTRIBUCIÓN
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus Ferrol

Bloque: Cinema
Tipo: Ficción televisiva

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
ACORDO MARCO SOCIEDADE FILARMÓNICA SOCIOS FILARMÓNICA FERROLANA 55,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 19:30 a 22:00
- Lugar: Aula multiuso 1
INFORMACIÓN
Entendida como a canteira ou o trampolín para chegar ao mundo da longametraxe na época analóxica, hoxe a curtametraxe gaña enteiros como peza cun valor propio e único. As e os cineastas saltan da longametraxe á curtametraxe sen sufrir ningún tipo de retroceso nas súas carreiras. A democratización do cinema, da man dos novos e económicos medios dixitais, permite que case calquera persoa poda trasladar a súa creatividade á pantalla e que, a diferenza de hai algún lustro, grazas á multitude de plataformas dixitais, unha peza, por moi pequena e modesta que sexa, poderá viaxar por todo o mundo con pouco máis cun clic de rato. Desde a primeira idea que xorde dunha anécdota, lectura de prensa, soño, etc. os alumnos e alumnas coñecerán todo o proceso creativo ata a creación dun guión de ficción e rodaxe da peza. Por último, coñeceranse algúns dos procesos máis común para a distribución das nosas pequenas, pero grandes pezas.
Contidos:
1.-A idea: - Tiven un soño mazo realista, parecía unha peli de Almodóvar. Se as musas non aparecen hai que buscalas. Diferentes trucos que nos poden inspirar nunha primeira idea sobre a que traballar.
2.- O guión: - A miña protagonista ten que dicir moitos tacos: a partir da vella estrutura dos tres actos, escribirase unha historia de entre 5 e 10 páxinas para a súa posterior rodaxe. Afondarase na construción dos personaxes e nos seus diálogos.
3.- SEC. 3: Rita salta pola fiestra do seu salón e cae no interior do seu Porsche Cayenne. Escapa polo centro de Nova York dos paiasos asasinos que lle pisan os calcaños: planificaranse as escenas para a súa posterior rodaxe. Unha vez coñecidas estas ferramentas, procederase á creación dun guión técnico que definirá plano a plano a rodaxe.
4.-Gravar todo co móbil e o audio tamén: coñeceremos os principais medios técnicos para poder facer unha curtametraxe e explicaranse nocións básicas de cámara, iluminación e son para poder conseguir un resultado técnico o máis óptimo posíble.
5.- Son un Woody Allen en potencia: definiranse os roles propios dunha produción. Entre os alumnos e as alumnas asistentes ao cursos dividiranse estes roles e concretarase o elenco.
6.-Serei como Ed Wood ou como Roger Corman?: unha vez definida toda a preproducción é hora de rodar. Tras a elección dun ou dous dos proxectos desenvoltos na clase e coa axuda do profesorado.
7.-Un vídeo de voda: tras a rodaxe procederemos á edición do traballo. Coñeceremos as ferramentas máis básicas de posprodución.
8.-Estrea en Donostia-San Sebastián: por último, coñeceremos como é o traballo de distribución das curtametraxes.


O curso será impartido por Cristina Esteiro e Carlos A.Quirós, da produtora Cuerda Floja, e terá unha duración de 30 horas lectivas.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 16/10/2017).


FOTOS