DANZA 2
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus Ferrol

Bloque: Danza
Tipo: Iniciación á danza contemporánea

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
ACORDO MARCO SOCIEDADE FILARMÓNICA SOCIOS FILARMÓNICA FERROLANA 55,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: LUN,MIE de 20:15 a 21:45
- Lugar: Aula multiuso 1
INFORMACIÓN
Curso de iniciación á danza contemporánea cuxo obxectivo non é outro que dar a coñecer esta rama artística desde a vivencia do propio movemento e da conciencia corporal das persoas participantes.

Ademais, nel descubriranse as diferentes técnicas da danza contemporánea e coñeceranse outras formas de composición coreográfica a partir de improvisacións e xogos escénicos.

Non é necesaria a experiencia previa: o curso diríxese a todas aquelas persoas que sintan curiosidade cara a esta linguaxe corporal.

O obradoiro será impartido pola bailarina Cristina Montero e terá unha duración de 30 horas lectivas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).

FOTOS