INICIACIÓN Á SERIGRAFÍA CREATIVA
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Habilidades comunicativas

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: LUN,MIE de 17:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.2
INFORMACIÓN
Cun enfoque lúdico, eminentemente práctico, as-os participantes aprenderán que é a serigrafía e a estampar creando sobre diferentes soportes como papel e téxtil.

Abordamos a serigrafía como medio de creación, experimentación e produción, pero tamén como técnica educativa e de ‘edición – reprodución’ artesanal da arte contemporánea.
As-os participantes establecerán unha relación creativa coa imaxe.
Coñecerán qué é a Serigrafía como Arte gráfica de aplicación artística. Comezarán pola creación dos orixinais que logo do proceso de matrizado permitiralles contar coas pantallas por onde pasará a tinta.

Compartirán a ‘experiencia’ de estampar desde a práctica e o contacto con ferramentas e soportes. Cada participante poderá realizar varias impresións, cambiar as cores das tintas, intercambiar deseños e aplicalos sobre papeis ou teas e levar consigo láminas, unha camiseta, unha bolsa e un mandil de algodón brancos. Tamén xogarán a estampar sobre soportes no convencionais.

Obradoiro de 30 horas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).

FOTOS