VIDEO CREACIÓN I
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 17:00 a 19:30
- Lugar: Aula 2.7
INFORMACIÓN
Obradoiro de creación audiovisual no que achegarmos ás posibilidades creativas da linguaxe audiovisual percorrendo o mundo da ficción, do documental e do experimental, situándonos entre os seus límites e conexións.

Farémolo a través de propostas de traballo prácticas que nos porán en relación con referentes e conceptos teóricos. Permitindo así aos participantes explorar o medio audiovisual e, ao tempo, indagar nas súas inquedanzas creativas, construíndo o seu propio xeito de mirar.

Ángeles Díaz Seoane graduada en BBAA pola Universidade de Vigo no ano 2011, continúa os seus estudos no eido educativo na Universidade da Coruña. A partir deste punto, decide aunar os tres campos nos que traballa: arte, educación e literatura, no mesmo camiño. Desta forma, a partir do ano 2013, traballa no ámbito educativo informal colaborando con diferentes entidades como Savvy. Doc en Berlin ou October Gallery, Bag books e IARS en Londres entre outras. Ao mesmo tempo, complementa a súa formación en educación artística e xestión cultural, para voltar a Galicia no ano 2015, onde actualmente compaxina a súa actividade investigadora co proxecto que levará cara a formación da cooperativa Plano Pementa en 2016.

Nuria Mosqueira estudou Belas Artes en Salamanca (2007-2012) e continuou os seus estudos co Máster en Investigación en Arte y Creación de la UCM (2013) e co Máster
en Profesorado da UDC (2016). O seu traballo segue unha liña multidisciplinar e durante o seu proceso formativo e creativo interésase especialmente pola creación audiovisual, especializándose en montaxe audiovisual co Posgrado en Montaxe audiovisual na UPF de Barcelona (2018). Como guionista, no ano 2017, obtén unha subvención de Agadic para a escrita do seu primer guión de largometraxe titulado Anguías e, como videocreadora, foi seleccionada en diversos certames como Inner Nature Exhibition (2015, videocreación), SeAlquila Público 2015, Madrid, (video-performance) ou Certamen
Regreso al origen, Pamplona, 2014 (video-performance); o terceiro premio de videocreación no certame Xuventude Crea 2014, o primeiro premio de fotografía no XIV certamen Jóvenes creadores de Salamanca (2013) e, recentemente, o terceiro premio de poesía en Xuventude Crea 2017.

Obradoiro de 30 horas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).

FOTOS