OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: CREACIÓN LITERARIA

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 17:00 a 19:30
- Lugar: Aula 2.7
INFORMACIÓN
Escribir é unha técnica ao alcance de todas, mais sobre todo daquelas persoas que desfrutan lendo obras literarias. Só é necesario vontade, papel e lapis; o resto é escoitar o que levamos dentro.

Neste curso de escritura creativa calquera persoa poderá iniciar o seu proxecto literario, ou simplemente practicar técnicas até sentir que a musa desexa falarlle ao ouvido. Poderá comezar a escribir as súas memorias, as anécdotas da familia, os contos que oíu sempre, un libro de poemas, un diario ficcional, un ensaio sobre a súa experiencia profesional…

Os límites non existen cando temos vontade e dedicamos os medios necesarios (recursos editoriais actuais, tanto en papel como en dixital, así como ás posibilidades de promoción e aos casos de éxito máis representativos).

Obradoiro de 30 horas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).

FOTOS