CREACIÓN DE MARCA PROFESIONAL
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Máis actividades
Tipo: Creación

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 28,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 18,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 20,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 33,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 17:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
O obxectivo deste curso é aprender o proceso de creación e desenvolvemento dunha marca profesional, desde a busca do nome, dos valores a transmitir ou cuestións legais como o seu rexistro, até a imaxe final e a súa implantación. Tamén aprenderás o valor que as marcas teñen na sociedade actual e a importancia do seu cuidado e atención.

Material necesario/requisitos:
Dado o carácter técnico do curso é necesario dispoñer de ordenador portátil con software de edición vectorial (Adobe Illustrator, Affinity Designer, Corel Draw) e coñecementos básicos do seu manexo; necesitarase tamén material básico de debuxo (lápiz e papel basicamente) xa que a idea é traballar de forma tradicional antes de pasar ao ordenador.

Contidos:
Introdución ao desenvolvemento de marcas e do valor das mesmas.
O proceso construtivo: aspectos intanxibles y tanxibles.
Se xa existe a marca, deseñámola de novo ou facémoslle un axuste?
Referencias e competencia antes de comezar.
Busca e definición de valores a transmitir.
Marca verbal, o naming.
Bocetos gráficos. Forma e tipografía.
O símbolo si, o símbolo non.
Desenvolvemento gráfico. Cores. Aspectos técnicos.
Identidade corporativa e adaptación a medios actuais.
Implantación, seguimento e coidado da marca.


Profesor:
Alberto Aler

Obradoiro de 15 horas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).


FOTOS