IMPRO! TÉCNICA DE IMPROVISACIÓN ESCÉNICA E NARRATIVA
Tempada: 2019
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Teatro
Tipo: Curso técnico

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 18:30 a 21:30
- Lugar: Aula 2.4
INFORMACIÓN
A improvisación teatral é unha técnica escénica e narrativa que permite contar historias que se xeran e desenvolven no mesmo intre de actualas. Diante do público e coa súa participación directa a través de propostas sobre situacións, personaxes, títulos e lugares onde situar a acción, vaise desvelando a trama da historia que se constrúe e cobra vida en escena, potenciando a imaxinación e a creatividade e estimulando ó espectador.
Non hai un guión preparado nin escrito, todo se fai en directo diante dos ollos do público de xeito que cada actuación é orixinal e irrepetible… O noso obxectivo último é divertir e sorprender facendo un humor fresco e de calidade.

As sesións de traballo serán esencialmente prácticas. Mediante xogos e exercicios prácticos e narrativos, físicos e mentais, os participantes experimentarán de forma activa os conceptos e técnica da Impro. As clases terán un ambiente lúdico e relaxado, que facilite a toma de conciencia do traballo realizado e que axude os participantes a superar carencias e bloqueos adquirindo ferramentas técnicas que fomenten a súa creatividade e imaxinación e inventando respostas creativas e axeitadas para cada situación e necesidade.

O dúo cómico e de improvisación Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) nace no ano 2012 como proxecto de dúas actrices monologuistas ás que lles gusta traballar xuntas, e que aman a impro. A raíz de alzarse co 1º premio no I Campionato Galego de Impro 2013, organizado en Santiago de Compostela, deciden continuar con esa faceta, na desaparecida compañía Los Duguis Impro (con espectáculos como Spin Off, Improcadabra, Versión Beta, Impro Top Manta, Cadena Impropetua) e como dúo independente (con Improscenia, Impro infantil e Impro tematizada para adultos)

MARITA MARTINEZ: Ás súas costas conta cunha ampla experiencia en teatro amador e universitario (Teatro da Bufarda e LaTuerka Teatro), así coma 8 montaxes de teatro profesional con Espello Cóncavo e Teatro Galileo e varias participacións no audiovisual galego (Mareas Vivas, Os Atlánticos, Cuarto sen ascensor..) Comezou na Impro na Factoría Galaica de Improvisación, formándose na técnica con IMPROMADRID e Planeta Impro en Barcelona.

LUCÍA VEIGA: Actriz de teatro amador e universitario en diversos montaxes (Balteira Teatro e LaTuerka Teatro) é tamén monologuista e artista escénica tradicional, procedente do GMBT Xacarandaina. Formouse en interpretación na Tuerka Films e en técnica de Impro con Los Duguis Impro. Na actualidade forma parte dos elencos de Axóuxere teatro e Dinamo produccións, asi como do programa de humor “Maloserá” para a TVG.

Obradoiro de 30 horas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na Resolución reitoral do 16/10/2017 (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf_2063069239.pdf).

FOTOS