RADIO
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Habilidades comunicativas

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 28,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 18,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 20,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 33,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: LUN,SAB de 17:00 a 20:00
- Lugar: Radio CUAC FM
INFORMACIÓN
O Obradoiro de Iniciación á Radio ofrece a posibilidade de coñecer técnicas de locución, preparación dun programa (a produción), manexo de mesa de misturas e software técnico co que podes incluso realizar gravacións e podcast na túa casa. Na última parte do curso, realizarás un programa de radio en directo no estudio José Couso da emisora.

A asociación universitaria CUAC é a propietaria da única radio comunitaria da Coruña que emite dende 1996.

Curso de iniciación á radio que se desenvolverá nas intalacións de Radio Cuac FM, ubicadas no Campus da Zapateira, xusto a carón das pistas de paddle da UDC.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017 (http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf)

O curso terá unha duración de 15 horas lectivas.

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

FOTOS