OBRADOIRO DE NOVELA GRÁFICA 2
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
CUADRIMESTRE 2 15/03/2018 05/07/2018
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 19:00 a 21:00
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
Continuación do obradoiro do pasado cuadrimestre, no que afondaremos nos aspectos creativos, conceptuais e técnicos da realización de comics. Para elo faremos exercicios prácticos tanto dentro como fora da aula.

Poden inscribirse:

- As persoas que realizaron o obradoiro 1 (outubro-marzo)
- Creadores, estudantes e afeccionados que queiran desenvolver un proxecto de narración gráfica, fanzine ou comic.
- Persoas maiores de 18 anos con coñecementos básicos de debuxo, comic ou narrativa visual.

Obxectivos:

- Coñecer as posibilidades creativas do comic contemporáneo.
- Afondar nos mecanismos e recursos da narración gráfica.
- Experimentar con diferentes ferramentas e técnicas gráficas (tradicionais. dixitais, mixtas)
- Desenvolver un proxecto, facendo fincapé no proceso creativo e no achegamento persoal ao medio do cómic.

Contidos:
- Linguaxes, formatos e estéticas II. Novos camiños do cómic.
- Debuxo e narrativa gráfica: Materiais e técnicas II.
- Da idea ao papel. Desenvolvemento de ideas, premisas e guións.
- Ferramentas dixitais no cómic e a autoedición.

Profesor: Alberto Guitián.

albertoguitian.com
facebook.com/guitian.dibuja

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017 (http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf).

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

FOTOS