TRATAMENTO DE IMAXES FOTOGRÁFICAS POR PROCEDEMENTOS DIXITAIS
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Fotografía

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 11:00 a 13:00
- Lugar: Aula de informática da Universidade Sénior
INFORMACIÓN
Este curso ten como obxectivo iniciar o alumnado no programa Adobe Photoshop, para poderen adquirir os coñecementos suficientes para o retoque fotográfico das súas imaxes, a través dunha metodoloxía eminentemente práctica, de modo que o/a alumno/a os poida aplicar nas súas futuras creacións.

Programa:

- Iintrodución e conceptos da imaxe dixital: Que é o Photoshop? Traballos realizables con Photoshop. Conceptos previos da imaxe dixital: tipos de imaxe, resolución, tamaño, indicacións da xestión da cor, e dereitos de imaxe.

- A contorna de traballo en Photoshop: Análise da interface e familiarización coas ferramentas do programa, distribuídas nas barras de menús, de ferramentas, de opcións e nos paneis flotantes.

O retoque fotográfico: Axustes da cor e corrección de imperfeccións tanto nas imaxes antigas como de nova creación. O control manual da subexposición, sobreexposición e saturación; do enfoque e do desenfoque; e das deformacións para o realce da imaxe.

A fotomontaxe: Composición de imaxes multicapa coa integración de textos, imaxes vectoriais, filtros e efectos especiais e de luminosidade con Photoshop.

A preparación da imaxe segundo a súa funcionalidade final: Xestión da cor, resolución e formatos de arquivo da imaxe, segundo a saída da imaxe final, impresa ou por pantalla.

Impartido por Izaskum Mardaras, da Cooperativa SMartlb.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos,segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017 (http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf).

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

FOTOS