RITMO E IMPROVISACIÓN. A PERCUSIÓN VITAL
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Música
Tipo: Experimentación musical

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MAR de 18:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.3
INFORMACIÓN
Descrición:

Obradoiro de carácter teórico-práctico para comprendermos, apreciarmos e usarmos o ritmo dunha forma creativa. Impartido por Marcel Pascual Royo, músico licenciado en Pedagoxía da Percusión e Vibráfono Jazz. Esta actividade está dirixida a músicos/as afeccionados/as de tódalas idades, estudantado de música de nivel medio, ou simplemente persoas interesadas en se aproximaren a diferentes formas artísticas con vontade de experimentaren a música de forma lúdica. Utilizarase a percusión corporal, instrumentos musicais básicos e obxectos reciclados por seren ferramentas simples e accesibles.

Obxectivos:

• Presentar diferentes formas de entender o ritmo mediante procesos mentais e corporais.
• Experimentar cuestións rítmicas e musicais, a través da percusión corporal, instrumentos básicos ou materiais reciclados, e o traballo en grupo.
• Explorar estratexias e ferramentas básicas de improvisación rítmica que permitan establecer diálogos musicais.
• Observar a compoñente rítmica de actividades e elementos da nosa vida diaria e outorgarlle un papel creativo.
• Presentar e analizar diversas abordaxes e conceptos rítmicos da historia da música, afondando no ámbito da percusión do mundo e na contemporánea.
• Pór en valor a relación entre comprensión intelectual, gozo estético, diversión lúdico-física e interacción social dos aspectos traballados.

Contidos:

• Teoría e conceptos básicos do ritmo: tempo, pulso, división e subdivisión, métrica, patrón, estrutura etc.
• Introdución a conceptos mais avanzados: modulación, poliritmo, polimétrica...
• Audicións e visionados guiados e comentados para apreciar a compoñente estética e técnica relacionada co ritmo na música, as artes escénicas ou as audiovisuais de diferentes lugares, correntes e épocas.
• Exercicios, xogos e pezas de percusión corporal en grupo para interiorizar procesos rítmicos e musicais como a coordinación, a memoria, o tempo ou a estrutura.
• Exercicios básicos de improvisación individual e colectiva.
• Utilización creativa dos sons da vida, dos obxectos e dos materiais. Reciclaxe sonoro.

Profesor: Marcel Pascual

Nace no ano 1985 en Barcelona. Actualmente centra a súa actividade artística como músico e compositor en varios proxectos como Marcel Pascual Quartet/Group, Ekilatrio, Viborg Trío e Marés. Ao longo da súa carreira colaborou e participou en agrupacións como a Orquetra Simfònica del Vallès, a Orquestra Nacional Clássica d'Andorra, BCN 2016, Octo Percussion Quartet, o grupo de salsa Bloque 53, os grupos de jazz Ibertet, Gio Yáñez, Zagorro, Eduard Iniesta Quintet e participado en diversas producións discográficas.

En 2008 licenciouse en Pedagoxía da Percusión pola Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) de Barcelona e en 2013 en Vibráfono Jazz pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) do Porto (Portugal), co soporte da bolsa da CONCA da Generalitat de Catalunya. Ao longo da súa formación tivo como profesorado a Ramon Torramilans, Grati Murcia, Miquel Bernat, Lorenzo Ferrandiz, Jeffery Davis, Abe Rábade, Nuno Ferreira, entre outros. Aliás, asistiu tamén a aulas e cursos de persoas coñecidas como Arturo Serra, Dave Samuels, David Friedman, Peter Berstein, Jorge Rossy ou Keith Terry. Fixo parte de orquestras novas como a JONDE e a JONC.

Na súa experiencia como docente, cabe sinalarmos o seu paso como profesor de percusión, música de cámara, linguaxe musical e jazz en centros como a Escola Municipal de Música de Premià de Mar, la EMM de Sant Quirze del Vallès, o Conservatório do Porto, o Conservatório de Aveiro e o Conservatório de Música da Jobra (Portugal) e a Esmae. Alén diso, tamén participou como profesor e organizador en diversos cursos e talleres de percusión, jazz e improvisación.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017 (http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf).

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

FOTOS