LABORATORIO DE ARTE URBANA
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MAR de 17:30 a 20:30
- Lugar: Aula 2.7
INFORMACIÓN
Laboratorio de Arte Urbana. Creatividade + espazo público + colectividade

A arte urbana é unha disciplina creativa con infinidade de formas, técnicas e formulacións,onde a liberdade é o factor común, e onde se poden desenvolver proxectos colectivos e individuais no espazo público.

O LAU2018 é un obradoiro de iniciación e aprendizaxe colectiva, onde nos achegaremos a moi diversas disciplinas como o post-graffiti, o poster-art, os modelos e os adhesivos.

Non é necesario ter experiencia previa.

PROGRAMA

Sesión 1. Que é isto da arte urbana? Dos TAGs á arte contextual.
Sesión 2. Adheridos... os adhesivos como material de iniciación.
Sesión 3. Hackear a cidade: a contrapublicidade como técnica artística.
Sesións 4 e 5. A peza artística na era da reproducibilidade: cartaces.
Sesións 6 e 7. A peza artística na era da reproducibilidade: modelos.
Sesións 8 e 9. Das latas de spray ás instalacións: as tres dimensións como parte da creación.
Sesión 10. Vandalismo ou arte contextual? A arte urbana como ferramenta de transformación social.

Docentes: O LAU formúlase como un curso multidisclinar cun equipo de sete docentes
especializados en distintas técnicas e coñecementos: Clara R. Cordeiro, Diana Rodeiro
“Nana”, Eva Agra, Vanessa Trinidad “Miss Hope”, Mene Oner, Juan Pablo Venditti e
Adrián Taracido.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas

Ao alumnado da UDC aplicaráselle o recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación na resolución reitoral do 16/10/2017 (http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Anexosreconecementocreditosactividades.pdf).

Todos os cursos contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

FOTOS