CALIGRAFÍA E LETTERING
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Habilidades persoais

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 18:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.3
INFORMACIÓN
Obxectivos:

Partíndomos das normas caligráficas tradicionais de diferentes tipos e de varias técnicas de debuxo de letras, chegarmos a realizar un proxecto real aplicable a distintos ámbitos como o do deseño gráfico, as manualidades, a ilustración etc.

Contidos:

Introdución á caligrafía.
Materiais e ferramentas tradicionais e modernas.
Caligrafía con “brush pen” e itálica con pincel.
Caligrafía gótica con pluma plana tradicional e Pilot Parallel Pen.
Caligrafía xestual.
Transición da caligrafía ao lettering mediante calco.
Introdución ao lettering.
Abecedarios de tipos de letras máis comúns: romana, gótica, latín, script etc.
Técnicas de debuxo de letras.
Composición.
Ornamentación.
Nocións de conceptos tipográficos aplicables á caligrafía e lettering.
Introdución a outras técnicas (chalk lettering, rotulación tradicional etc.)
Transición ao mundo dixital. Vectorización de letras.

Profesor: Ernesto De Cicco Toimil, de 7H Cooperativa Galega.

Deseñador gráfico, artista urbano e letrista autodidacta. Todo isto suma 15 anos de dedicación exclusiva ao estudo dos caracteres, xa sexan debuxados (lettering e grati), escritos (caligrafía) ou dixitais (tipografía e vectorización).

Compaxina o seu traballo de deseñador gráfico coa impartición de talleres de iniciación á caligrafía moderna e ao lettering.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.

facebook.com/Meneoner
behance.net/ernestodecicco

FOTOS