OBRADOIRO DE NOVELA GRÁFICA
Tempada: 2018
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Arte

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 55,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 35,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 40,00 €
PÚBLICO XERAL NO UNIVERSITARIOS 65,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: JUE de 19:00 a 21:00
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
Obradoiro práctico dirixido ás persoas interesadas no cómic e na novela gráfica
como medio de expresión persoal. O obradoiro constará de dous bloques:
no primeiro realizaremos exercicios prácticos de debuxo e narrativa. No segundo, cada asistente poderá desenvolver un pequeno proxecto persoal en forma de fanzine.
A partir de 18 anos. Non é necesario un nivel alto de debuxo.

Obxectivos:

- Profundar na linguaxe e as posibilidades creativas do cómic.
- Aprender a narrar gráficamente historias e experiencias.
- Desenvolver ideas a través do guión, o debuxo, a planificación e o formato.
- Elaborar unha pequena autopublicación (fanzine).

Contidos:

- Unha pequena historia do medio. Linguaxe, formatos e estéticas.
- Debuxo: Fundamentos. Materiais e técnicas.
- Da idea ao guión. Personaxes. Recursos narrativos. Ritmo e ton.
- Posta en páxina: separar en páxinas e viñetas. Do bosquexo ao acabado final.
- Publicación e autoedición. Papel vs dixital.

Profesor: Alberto Guitián.

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.

albertoguitian.com
facebook.com/guitian.dibuja

FOTOS