RESTAURACIÓN DE MOBLES
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Habilidades persoais

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
CUADRIMESTRE 2 17/03/2017 26/05/2017
Nome Usuarios Abonos Importe
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ESTUDANTES) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 90,00 €
ESTUDANTES ALUMNOS 70,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 150,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 75,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: VIE de 17:30 a 20:30
- Lugar: Taller de Mónica Arrojo
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo
INSCRICIÓN CUADRIMESTRE 2 Os Usuarios: 'FAMILIARES,ALUMNOS,PYC,PDI,PAS,NO UNIVERSITARIOS,Persoas desempregadas ou con minusvalía' Dende O '15/02/2017' Ata O '03/03/2017'
INFORMACIÓN
A restauración de mobles e obxectos é unha actividade que busca a recuperación e a valoración de pezas ás que o paso do tempo e/ou erróneas intervencións restaron valor e beleza. Esta disciplina esixe respectar ao máximo o valor intrínseco da peza e despois dun estudio exhaustivo (estado de conservación, posibles intervencións anteriores, estilo e cronoloxía, estudo e clasificación da materia construtiva...) proceder á recuperación dos seus valores orixinais
.
Metodoloxía: estudaremos os distintos procesos, materiais e técnicas sempre cun concepto purista, que persegue a recuperación do aspecto orixinal das pezas.

Curso dirixido a toda persoa que, cun mínimo de paciencia e sensibilidade, estea interesada na recuperación de obxectos que, cunha restauración respectuosa consigan recuperar a súa beleza orixinal.

Técnicas e materiais: estudaremos e practicaremos todas as técnicas básicas da Arte da Restauración, incidindo nos produtos, técnicas e ferramentas prohibidas, xa que un exceso de actuación sobre a peza fará que perda autenticidade e orixinalidade.

Avanzaremos até procesos mais delicados, como o vernizado con muñequilla de goma laca ou ol dourado con pan de ouro de 24 kt.

Adicaremos varias horas ao recoñecemento das distintas clases de madeiras, así como a repasar os distintos estilos artísticos, a modo de breve historia do moble.

O curso será impartido por Mónica Arrojo no seu taller da rúa Pintor Joaquín Vaamonde, 4 baixo. Mónica estudou Xeografía e Historia e posteriormente formouse na "Escuela de Arte y Antigüedades de Casto Castellanos", en Madrid

FOTOS