CIENCIAS E FICCIÓNS. LECTURAS DE LITERATURA E CIENCIA
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Máis actividades
Tipo: Literatura

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
CUADRIMESTRE 2 07/03/2017 20/06/2017
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 80,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MAR de 18:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
Cres que a ciencia pode ter beleza artística e que humanidades e ciencias non están tan lonxe? Se che presta compartir lecturas/coloquios de textos e películas de divulgación científica, ler poemas en clave de ciencia, dar co mecanismo matemático de certos relatos ou comprobar como para facer o imposible primeiro hai que pensar o imposible, podes darnos o teu enfoque en «Ciencias e Ficcións: lecturas de literatura e ciencia». Unha xuntanza semanal con libros, divulgación científica, faladoiros e o enfoque da «terceira cultura».

Dirixido por Estíbaliz Espinosa Río, escritora e astrónoma afeccionada na Agrupación Astronómica Ío. Ten publicado varios libros de poemas, relatos,ensaio e aforismos así como o álbum infantil ilustrado «Caer de cu polo universo» (Apiario, 2015) e os contos radiofónicos sobre mulleres científicas «Cápsulas de Son» ( descargable en iBooks).

Está prevista unha saída a un museo científico coruñés que, por razóns horarias, podería levarse a cabo outro día e hora distintos dos establecidos para as xuntanzas en Normal. No caso de que haxa algún evento de divulgación de ciencia ou de mestura de arte e ciencia (evento Naukas, as charlas en cervexarías «Pint of Science Festival»), podería empregarse como recurso en horas fóra do horario estipulado.

FOTOS