A MÚSICA E OS CINCO SENTIDOS: HISTORIA(S) DA MÚSICA
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Música
Tipo: Historia da música

Instalacións onde se imparte:
PERIODOS DE REALIZACIÓN
Periodo Inicio: Fin:
CUADRIMESTRE 2 15/03/2017 28/06/2017
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 80,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
ÚNICO:  
- Horarios: MIE de 19:30 a 21:30
- Lugar: Aula circular
- Inscricións Periodo Usuarios Fin de Prazo
INSCRICIÓN CUADRIMESTRE 2 Os Usuarios: 'FAMILIARES,ALUMNOS,PYC,PDI,PAS,NO UNIVERSITARIOS,Persoas desempregadas ou con minusvalía' Dende O '15/02/2017' Ata O '03/03/2017'
INFORMACIÓN
Realizaremos un percorrido pola historia da música a través de audicións comentadas, encadradas no seu contexto histórico e estético, vinculando a música con outras artes. Con isto preténdese dotar ao alumnado das ferramentas básicas para escoitar a música de diferentes épocas, unindo coñecemento reflexivo e gozo estético.

Todo isto mediante:
a) Exposición teórica de conceptos.
b )Audicións para a aplicación práctica deses conceptos: para elo analizaremos pezas mediante a súa audición, visión ou partitura, cando así proceda.
c) Análise de documentos: lecturas de textos, notas de prensa, imaxes, partituras e calquera outro soporte documental, para completar amenizar e coñecer outras fontes de información musical
d) Posta en común e debates para potenciar a practica da argumentación e aprender a compartir ou disentir, cando así o considere o alumno.

CONTIDOS DO CURSO:

- Definicións de música.
- Ciencias afíns: músico-terapia, musicoloxía e etno-musicoloxía.
- Historiografía musical.
- Ferramentas básicas para a análise musical: parámetros e elementos.
- Crítica: avaliación e valoración musical.
- Taxonomías en música.
- Fontes de información en música: iconográficas, organolóxicas e documentais.
- Historia da música occidental desde a antigüidade até os nosos días:
- Antigüidade
- Idade Media
- Renacemento
- Barroco
- Preclasicismo
- Clasicismo
- Romanticismo
- Post-romanticismo
- Vangardas e século XX (incluída a música contemporánea)

Profesora: Trinidad Gancedo. Licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidad de Valladolid e especialista en historia da música e documentación musical.

FOTOS