COMPRENDER A IMAXE. CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Fotografía

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 80,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
UNICO:  
- Horarios: MAR de 19:00 a 21:30
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
Obxectivos:

- achegar o alumnado ao feito visual e como este se relaciona coas diferentes disciplinas artísticas: fotografía, cinema, vídeo, pintura…
- comprender a evolución do significado da imaxe ao longo da historia e a súa capacidade de comunicar.
- establecer un diálogo entre a imaxe como representación visual da realidade.
- reflexionar sobre o uso/abuso da imaxe na actualidade.
- a importancia do momento de capturar unha imaxe e a súa importancia como signo.
- afondar no manexo da cámara fotográfica.

Contidos:

- breve historia , desenvolvemento e evolución das artes visuais, desde a cámara escura ata a actualidade e a interactuación entre elas.
- introdución aos parámetros de manexo dunha cámara fotográfica de xeito práctico.
- significado do feito visual na liña espazo-tempo.

Material necesario: Cámara fotográfica (móbil, compacta, bridge ou SLR)

O obradoiro é impartido por Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. É membro de NO IMPORTA taller creativo e da Asociación Galega de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA). Imparte cursos sobre fotografía en diferentes empresas e institucións e ten participado como membro do xurado de varios concursos fotográficos. Colabora con diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional e participou na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma, así como en diferentes exposicións colectivas e individuais.

FOTOS