COMPRENDER A FOTOGRAFÍA. CURSO DE PERFECCIONAMENTO EN FOTOGRAFÍA
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Obradoiros de creación
Tipo: Fotografía

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
ALUMNOS ALUMNOS 40,00 €
COMUNIDADE UNIVERSITARIA (EXCEPTO ALUMNOS) FAMILIARES,PYC,PDI,PAS 60,00 €
NON UNIVERSITARIO NO UNIVERSITARIOS 80,00 €
PERSOAS DESEMPREGADAS OU CON DISCAPACIDADE Persoas desempregadas ou con minusvalía 45,00 €
ÜNICO:  
- Horarios: MAR de 16:30 a 19:00
- Lugar: Aula 2.5
INFORMACIÓN
Obxectivos:

- perfeccionar o manexo dunha cámara fotográfica
- coñecer os diferentes estilos fotográficos e traspoñelos ás outras artes visuais
- aprender a complementar a fotografía química e mais a dixital
- aprender a executar un revelado dixital
-coñecemento dos fotógrafos nacionais e internacionais máis relevantes

Contidos:

- coñecemento dos parámetros de manexo dunha cámara fotográfica.
- aprendizaxe da medición da exposición de luz a través do sistema de zonas.
- dixitalización de negativos como mecanismo para optimizar os dous sistemas fotográficos
- aprendizaxe do manexo da luz natural, a luz artificial continua e a luz de flash
- exposición da obra de fotógrafos recoñecidos como exemplos dos diferentes estilos fotográficos.

Material necesario: Cámara fotográfica (móbil, compacta, bridge ou SLR)

O obradoiro é impartido por Pablo Mella, fotógrafo e arquitecto. É membro de NO IMPORTA taller creativo e da Asociación Galega de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA). Imparte cursos sobre fotografía en diferentes empresas e institucións e ten participado como membro do xurado de varios concursos fotográficos. Colabora con diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional e participou na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma, así como en diferentes exposicións colectivas e individuais.

FOTOS