EDITAR DE CERO A CEN. BDG70
Tempada: 2017
Campus: Cultura - Campus A Coruña

Bloque: Máis actividades
Tipo: Creación

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
TARIFA NON DEFINIDA FAMILIARES,ALUMNOS,PYC,PDI,PAS,NO UNIVERSITARIOS 0,00 €
UNICO:  
- Horarios: LUN,JUE de 18:00 a 20:00
- Lugar: Aula 2.1
INFORMACIÓN
Obradoiro dentro das actividades paralelas de: "BDG70, a revolta do cómic galego".

A matrícula é de balde

O obradoiro terá lugar os días 28 de novembro e 1 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas e co seguinte contido:

Sesión 1
CREACIÓN DE CONTIDOS E FORMATOS EDITORIAIS
- Orixes da edición. A necesidade de editar.
- Os contidos: xermolo do mercado editorial.
- Modalidades e soportes da edición: editar en papel e en dixital.
- Proposta de actividade práctica: Formación dunha equipa editorial cós asistentes e creación de contidos.

Sesión 2
A PRODUCIÓN EDITORIAL
- Diferenzas entre edición e auto-edición.
- Procesos técnicos de deseño, maquetación e impresión.
- Os software para a edición.
- A edición específica de banda deseñada e libros visuais.
- Xestión editorial (ISBN, Depósito Legal, dereitos de autor e de reprodución de imaxes, etc.)
- Práctica: Realización de publicación con traballos dos asistentes.
As prácticas xirarán arredor dun eixo temático central: a exposición BDG70 e a banda deseñada en lingua galega.

Arredor disto xeraranse contidos de diversos perfís para crear unha revista especializada.

Se o resultado das prácticas é satisfactorio a publicación editarase en formato dixital e poñerase en libre descarga desde internet para uso público e poderá descargarse desde a propia web da Normal e enlazarse desde as redes sociais da Normal e BDG70.

Público potencial: estudantes de comunicación, artes e deseño, xornalismo, artistas plásticos e calquera interesado en achegarse aos procesos e reviravoltas da edición.

FOTOS